Novas

Informámosvos que xa están dispoñibles ás entradas para o concerto de TANXUGUEIRAS, que terá lugar o próximo 11 DE DECEMBRO ás 20.30h., no Pazo da Cultura de Narón.
Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut e un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras.
Unha aposta sen corsés, enchida de virtuosismo e contundencia que continúa no seu segundo traballo "Contrapunto". Un disco que incide na recuperación da tradición das pandereteiras e a integran con harmonías de diferentes estilos e situará a música galega en novos escenarios.
Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical en Galicia.
+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura

O DOMINGO 22 DE NOVEMBRO estamos de *estrea* no Pazo da Cultura de Narón, co Teatro dos Ghazafelhos e o seu "PINOCCHIO", unha adaptación do clásico de Carlo Collodi, que mistura títeres, teatro actoral e música en directo.
Pinocchio agocha un segredo no seu corazón de bidueiro, un segredo que quere compartir c@s nen@s. Cunha atractiva posta en escena, Teatro dos Ghazafelhos abre unha porta a unha emocionante aventura na que mostrarán ao público un camiño cheo de humor e sensibilidade.
A compañía conta para este espectáculo - adaptado por Pepablo Patinho - coa presenza no escenario do pianista Cristian Leggiero e a cantante Paty Lesta.
*Ás entradas xa están á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura ou a través da nosa web.
+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura
#Estrea #TeatroDosGhazafelhos
#Pinocchio

O concerto previsto para este venres ás 20.30h está aprazado ao vindeiro mes de febreiro de 2021. A cita será o venres 12 de febreiro ás 20.30h.
As entradas adquiridas valen para a nova data. En caso de non poder asistir, poden solicitar a devolución no teléfono 981 102 897 ou no mail taquilla.pazo@naron.es .
Informámosvos que a totalidade do aforo, do cal dispón o Pazo a día de hoxe, con motivo das novas medidas decretadas pola Xunta para frear a pandemia da Covid-19, está ESGOTADO para o espectáculo de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA "Astronauta Sideral".
Se no tempo transcorrido, ata o día do espectáculo (27/12/2020), houbese algún cambio na normativa en canto aos límites de aforo, devandito espectáculo sería posto de novo á venda ao público xeral.
Agradecendo como sempre a vosa colaboración, un cordial saúdo.
+info 981 102 897

DOMINGO 27 DE DECEMBRO ÁS 18H., no Pazo da Cultura de Narón, cun aforo máximo de 50 persoas, con motivo das novas medidas decretadas pola Xunta, encamiñadas a frear a propagación da Covid-19:
Uxía Lambona e a Banda Molona - "Astronauta Sideral"
Xa somos familia numerosa!!!
Non nos chegaba o momento de presentar o pequerrecho da casa!
Un pouco soñador…pero coas mesmas ganas de cantar e bailar con todos vós...
..só agardamos que vós teñades esas mesmas ganas e que nos acompañedes nesta nova viaxe polo espazo chamada “Astrounauta Sideral”
“Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada”;ata O Jato “rockeiro”
…e por outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango.
Todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nen@s presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!”
*Entradas á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura de Narón ou a través da nosa web.
+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »