O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, presentou esta mañá a oitava edición deste importante evento cultural
O Pazo da Cultura acollerá ao longo do mes de marzo o "VIII Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular". Un total de trece espectáculos (nove para público adulto e catro para público infantil) compoñen o ambicioso programa deste ano que terá tamén unha serie de actividades paralelas.
Os espectáculos que compoñen o Festival Singular poden consultarse nesta ligazón e son os seguintes:
En canto ás actividades paralelas, consistirán no obradoiro de teatro “Comportamentos corruptos”, impartido por Marianella Moreno, que se levará a cabo do 27 de febreiro ao 2 de marzo, en horario de 16:00 a 22:00 h no Auditorio Municipal; na charla “El teatro que no quiere olvidar”, con Mariano Llorente, o día 23 de marzo ás 20:00 h no Café Teatro do Pazo; na rolda de negocios “Encontro con programadores nacionais e internacionais (membros de Redelae) e compañías de teatro galegas”, que comezará o 18 de marzo ás 11:30 h.; e, por último, na asamblea de Redelae, o 19 de marzo ás 10:00 h no Café Teatro do Pazo.