O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado da Cultura desenvolve toda unha serie de actividades que fomentan a participación activa da sociedade, por medio da súa implicación directa na organización e colaboración de diferentes eventos de carácter comunitario.
O Padroado da Cultura promove eventos de base etnográfico cultural, preténdese facer unha divulgación popular de aspectos diferenciais da nosa tradición, cultural, material e inmaterial.
Tódolos proxectos están baseados na participación da veciñanza do lugar onde se realizan, e potenciar a dinamización e participación directa do movemento asociativo.
A realización dos eventos que a continuación se relatan, lévanse a cabo nas diferentes parroquias do Concello de Narón, tanto na zona rural como na urbana, coa pretensión de descentralizar a acción cultural, así como nos diferentes centros educativos do Concello, facendo participe ós/ás nenos/as de Narón da súa vida cultural dun xeito activo.