Dende hai máis 20 anos o Padroado da Cultura do Concello de Narón vén organizando, no mes de xullo, un Festival Internacional de Folclore co obxectivo de amosarlles ós nosos veciños distintas culturas e tradicións folclóricas, tanto do estado español como doutras partes do mundo.



Este Festival serve tamén para o Grupo de Danza Tradicional “Alxibeira”, como intercambio de relación con grupos doutras Comunidades Autónomas e doutros países e continentes, tendo actuado en diversos puntos do estado español así como tamén en: Francia, Alemaña, Polonia, Brasil, Illas Azores, Illa de Madeira, Cuba, Chile etc.