O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado da Cultura do Concello de Narón é pioneiro en Galicia na realización dunha Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil para escolares, na que participa alumnado de Narón e Comarca, e na que teñen participado entorno a 7.700 escolares nesta última edición de 2018. O Padroado realiza funcións para todos os niveis educativos, dende as Escolas Infantís Municipais (de 0 a 3 anos) ata Bacharelato e Ciclos Formativos.
A Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil do Padroado da Cultura do Concello de Narón ten como obxetivo principal actúar como axente socializador, permitindo o aceso de novos públicos ao mundo das artes escénicas. Realizando ademais das propias funcións teatrais, actividades didácticas e formativas entorno ao mundo da escea.
Documentación vinculada | Tamaño |
---|---|
cartel 2021 mostra.pdf | 2.47 MB |