O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Recreación etnográfica arredor dunha tarefa agrícola e comunitaria desenvolvida nun rueiro agrícola, reproducindo elementos e valores de base comunitaria, de participación da veciñanza e de reconstrución e práctica activa da cultura popular. Realízase na Parroquia de Doso na primeira metade do mes de Novembro.