Na parroquia do Val , no lugar de Vilasuso, gárdanse na memoria viva da veciñanza, por medio da transmisión oral, unha serie de Lendas de orixe indoeuropeo que recolle unha serie de elementos culturais de grande valor etnográfico e antropolóxico galego. As lendas da Pena Molexa, con moitas versións, recóllese eiquí nas variacións da Pena que se converte en fada ou doncella na noite solsticial do verán, e das Penas que se convirten en guerreiras có seu señor do Castro de Vilasuso, nesa mesma noite. O Padroado da Cultura do Concello de Narón continúa pois có traballo encetado dende o Programa de Acción Sociocultural e Comunitaria na parroquia do Val, có cal se pretende facer participar a veciñanza para preservar o patrimonio inmobiliario vivo . Para elo realízase a recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa no medio dun marco lúdico e festivo que permita facer chegar o noso patrimonio inmaterial ó meirande número de persoas posibles.