O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O "Festival Singular, Festival Internacional de Monólogo Teatral", nace co obxecto de potenciar as propostas dramáticas unipersoais. O soliloquio forma parte da historia do teatro desde os seus inicios, xeralmente en accións dramáticas que formaban parte de propostas corais. A mediados do século XX, desenvólvense monólogos dramáticos asociados á vangarda teatral. A finais do século XX, explota como fenómeno de masas o monólogo cómico que conta cunha popularidade que fai habitual o desexo do cartel de non hai localidades.
Documentación vinculada | Tamaño |
---|---|
Mesa_A4.pdf | 1.94 MB |
Rolda_A4.pdf | 1.93 MB |
Singular22_A3 (1).pdf | 332.36 KB |
Singular22_folleto_infantil_PRINT.pdf | 1.39 MB |
Singular22_folleto_PRINT.pdf | 4.07 MB |