O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A Noite da Luz consiste na recreación de carácter simbólico que pretende chamar a atención sobor da importancia da protección, valorización e conservación do noso patrimonio cultural, tanto material como inmaterial. O acto consiste nunha comitiva que parte da capela de Sta. Lucía na Feira do 13 en Sedes ata o Monte Esperón, onde se prenden os 12 fachos de 2,5 mtrs de altura dispostos a xeito circular e de unha de 5 , sita no centro do círculo como simbolo das trece parroquias do Concello e do seu compromiso coa defensa do noso patrimonio.