Que é o bono?
O bono é unha tarxeta que será válida para asistir ás representacións das artes escénicas organizadas polo Padroado da Cultura.
Este bono non é compatible cos descontos que habitualmente aplica o Padroado da Cultura (carné xove, carné de estudante, ou desempregados)
O bono é de uso individual, tendo un custo inicial de 30 €, en concepto de crédito para mercar entradas. Esta tarxeta poderá ser recargada coa cantidade económica que cada abonado/a considere, en función da súa utilización.
O bono terá que ser usado, como mínimo unha vez cada 3 meses, dentro dos seguintes períodos:
- 15 de decembro ó 15 de marzo
- 15 de marzo ó 15 de xuño
- 15 de setembro ó 15 de decembro