O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado da Cultura conta con varios equipamentos onde realizar diferentes actividades e espectáculos, segundo o tamaño ou requerimentos técnicos.
O Pazo da Cultura conta cun patio de butacas cun aforo para 700 persoas, complementado con dous anfiteatros de 100 plazas cada un, configurando un aforo total de 900 persoas. O Pazo da Cultura goza dun extraordinario equipamento técnico que lle permite realizar calquera tipo de espectáculo independentemente do tamaño ou dos requerimentos que precise.
O Auditorio Municipal, sito na Praza de Galicia no Alto do Castiñeiro, é na actualidade a sede da escola de Teatro de Narón. Conta cun espazo escénico apto para a representación de funcións teatrais e conta cun aforo de 384 butacas entre a platea e o anfiteatro.
O Café Teatro, sito no Pazo da Cultura, conforma un equipamento ideal para espectáculos de pequeno formato , onde o contacto có público é indispensable. Cun aforo máximo de 120 prazas, ten unha configuración modulable que permite ter a apariencia habitual de auditorio u ben a de Café Teatro propiamente dita, constituida por unha mesa con espazo para 4 persoas. Preséntase ademáis como o espazo perfecto para presentacións e conferencias.
O Pazo da Cultura de Narón conta cun Espazo Expositivo ubicado no Hall do propio edificio, conformado por 25 paneis de exposición de 250 cm. de alto X 200 de ancho, con sistema de pendurado regulable e con iluminación propia utilizables por ambas caras. Conta tamén con 10 cubos para exposición de escultura de 100 X100X100 cms.
Os Espazo Expositivo do Pazo da Cultura resulta adecuado para relizar calquera tipo de exposición, xa que polas súas instalacións circulan ao día unha media de 400 persoas.
O Padroado da Cultura conta cunha sala de Conferencias sita na planta baixa da Biblioteca Municipal (R/ 25 de Xullo S/N), con capacidade para 80 persoas.