Escolas Culturais
Poñendo en Valor a Nosa Cultura Tradicional
O Padroado da Cultura do Concello de Narón mantén dende a súa fundación unha teima pola defensa, salvagarda e difusión da nosa cultura tradicional. Para isto ten creado oito escolas culturais de corte tradicional, nas que se imparten disciplinas básicas na cultura etnomusical galega, tratando sempre de valorizar a nosa cultura por medio do ensino estruturado e de calidade, achegando ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan desenvolverse autonomamente en calquera que sexa a actividade que realice.
O Padroado da Cultura foi das entidades pioneiras a nivel galego na promoción de aulas de zanfona ou construción de instrumentos tradicionais, e retoma de novo esa vangarda realizando actividades tradicionais para crianzas de 3 e 4 anos, ou desenvolvendo actividades didácticas relacionadas coa cultura tradicional galega nas Escolas Infantís Municipais para escolares de 0 a 3 anos.
ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS 2022-2023
O prazo para formalizar as matrículas estará aberto do 30 de agosto ao 24 de setembro de 2022, ambos inclusive, e poderá formalizarse nas oficinas do Pazo da Cultura nos seguintes horarios:
- De luns a venres: de 09:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 h.
- Sábados: de 10:00 a 13:00 h.
Aquelas persoas que teñan tres matrículas ou máis poderán aprazar o seu pagamento facendo efectiva a parte debida do 1 ao 16 de decembro. O prazo de devolución de matrículas será ata o día 28 de outubro de 2022, sempre en horario de 9:00 a 14:00 h.
Podes ampliar información no chamando ao 981391144 ou escribindo a mc.blanco@naron.es.
Escolas Tradicionais
O custo da matrícula para as oitos escolas tradicionais é de 63,10 euros por curso, estando destinadas a alumnado a partir das seguintes idades:
- Danza Tradicional: 5 anos
- Gaita: 6 anos
- Acordeón: 8 anos
- Percusión tradicional: 6 anos
- Canto e Pandeireta: 5 anos
- Zanfona: 8 anos
- Construción de instrumentos: 16 anos
- O Recuncho dos Pequechos: para nenas e nenos de 3 e 4 anos
Escolas Artísticas
O custo da matrícula para as dúas escolas artísticas é de 63,10 euros por curso, estando destinadas a alumnado a partir das seguintes idades:
- Debuxo: 6 anos
- Teatro: 4 anos
Escola de Actores e Actrices
O custo da matrícula é de 63,10 euros para 1º curso e Practicum, e de 208 euros para 2º e 3º.
Bailes de Salón
O custo da matrícula é de 31,60 euros, máis 15 €/mes ao longo do curso, estando destinados a alumnado a partir de 4 anos nas seguintes modalidades:
- Baile de salón
- Baile deportivo
- Caribeños
- Danza coreografica
ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA. CURSO 2022-2023
O prazo de matrícula permanecerá aberto do 30 de agosto ata o 9 de setembro de 2022, ambos inclusive.
As matrículas poderán formalizarse na oficina da A.C.M. Sementeira sita no Pazo da Cultura, 2º andar, de luns a venres en horario de 18:00 a 20:00 h.
A cota de socio/a, obrigatoria, é de 25 euros anuais.
Para máis información podes chamar ao teléfono 699458267 ou visitar a web da Asociación na que ademais poderás atopar os impresos de matrícula e de asociado.
No seguinte cadro especificamos os prezos das matrículas así como as cotas mensuais:
Materia | Matrícula | Mensualidade* |
Música e Movemento | 68 € | 12 € |
Iniciación á Linguaxe Musical | 68 € | 12 € |
Linguaxe Musical | 68 € | 12 € |
Harmonía | 68 € | 12 € |
Linguaxe musical+ Harmonía | 68 € | 22 € |
Linguaxe musical adultos | 68 € | 12 € |
Linguaxe Musical adultos + harmonía | 68 € | 22 € |
Instrumento (xuvenil) | 68 € | 12 € |
Instrumento (adultos) | 68 € | 35 € |
Dous Instrumentos (xuvenil) | 102 € | 22 € |
Dous Instrumentos (adultos) | 102 € | 50 € |
Tres instrumentos (xuvenil) | 136 € | 30 € |
Tres instrumentos (adultos) | 136 € | 65 € |
Produción musical (nova materia) | 68 € | 20 € |
Combo musical adultos (nova materia) | 34 € / 68 € | 12 € |
Piano complementario: 2º instrumento a partir de 12 anos (nova materia) | 68 € | 12 € |
* Oito mensualidades, de otubro a maio
Especialidade de instrumentos: frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión.