O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A Escola Cultural Municipal de Zanfona foi unha das primeiras de Galicia e a única xunto coa Etrad de Vigo que facilita instrumentos aos alumnos que se inician na actividade. Nas aulas búscase o dominio de tódalas posibilidades do instrumento dende a partida da música tradicional galega, pasando por músicas de outros paises con tradición en zanfona do continente europeo.
As aulas están abertas para persoas dende os 8 anos, calqueira que sexa o seu nivel.
As aulas de zanfona son impartidas polo mestre Óscar Fernández.