Construción de instrumentos

O Padroado da Cultura do Concello de Narón foi pioneiro xunto con Escolas como as de Vigo, Ortigueira e Lugo, na creación dunha Escola Cultural Municipal de Construción de Instrumentos Tradicionais de Percusión, na cal, o alumnado adquire as técnicas precisas para a construción de instrumentos de percusión de Galicia e Portugal . asemade, a Escola desenvolve tamén unha ampla labor didáctica de visitas e actividades formativas paralelas coa finalidade de brindar ao alumnado unha visión rica dos xeitos e formas de construción.

As aulas de Construción de Instrumentos están abertas a toda a cidadanía dende os 16 anos.

O Obradoiro funciona baixo a dirección de Emilio Romero. 

Actualidade da Escola
08.10.2021
Categoría
Construcción de instrumentos

A exposición poderá visitarse no Pazo da Cultura do 9 de outubro ao 6 de novembro