Enredando na percusión

Venres, 8 de Outubro de 2021

A exposición poderá visitarse no Pazo da Cultura do 9 de outubro ao 6 de novembro

Con motivo do 25º aniversario do inicio das aulas do Obradoiro de construción de instrumentos de percusión tradicionais galegos do Padroado da Cultura, o Pazo da Cultura acollerá do sábado 9 de outubro ao sábado 9 de novembro de 2021 a exposición "Enredando na percusión", unha pequena mostra dos traballos que realiza o alumnado da mencionada escola baixo a dirección do mestre artesán Emilio Romero Fabal.

A exposición está centrada na fabricación artesá de bombos, tambores e caixas, se ben no obradoiro se aprende a construír unha gran variedade de instrumentos tradicionais Galegos máis alá destes tres, realizando así un importante traballo de conservación e posta en valor das nosas tradicións a través dunhas aulas que supoñen unha iniciativa pioneira e todo un referente a escala nacional.

Construcción de instrumentos