O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A Escola Cultural Municipal de Gaita ten como obxetivo principal a salvagarda do repertorio máis tradicional da nosa cultura musical. Xotas, muiñeiras, polkas, mazurcas valses e rumbas, forman parte do repertorio que o alumnado das aulas de gaita aprende, xunto có dominio das técnicas de dixitación, afinación e tempero, que lle permitan desenvolverse con total autonomía.
Nas aulas e gaita poden participar persoas dende os 6 anos en diante. O Padroado da Cultura facilita na fase inicial instrumento según dispoñibilidade.
As aulas de gaita son impartidas por Lorena Barea en iniciación e Román Romero no nivel de perfecionamento.