Danza tradicional

A Escola Cultural Municipal de Danza Tradicional amosa ao alumnado os diferentes tipos de bailes, tanto agarrado como solto, que compoñen a rica tradición galega. Do mesmo modo explícase a composición do traxe tradicional, así como, as súas diferentes pezas e variantes.

As aulas de danza tradicional impárténse dende os 5 anos en diante e están monitorizadas por Sandra García, iniciación e perfeccionamento e Zahyra Regueira no grupo de adultos.

 

Actualidade da Escola
08/07/2016
[comment_count]

O Padroado da Cultura do Concello de Narón organiza, desde hai 26 anos, no mes de xullo, o Festival Internacional de Folclore de Narón.

Narón realiza este Festival de Folclore, itinerante, con actuacións nos concellos de: Mugardos, A Coruña e As Pontes, sendo sede do Festival o Pazo da Cultura de Narón, onde se realizan os actos principais.

Este Festival busca dar a coñecer aos veciños e veciñas dos municipios que visita, as diversas manifestacións culturais e tradicións folclóricas, tanto de España como doutras partes do mundo.

Este Festival serve tamén para o Grupo de Danza Tradicional Alxibeira como intercambio con grupos de outras Comunidades Autónomas e doutros países e continentes, actuando en diversos puntos de España así como tamén en: Francia, Alemaña, Polonia, Brasil, Illas Azores, Illa de Madeira,Cuba, Chile...

Este ano contaremos cos grupos de:

Banda de Gaitas e Grupo de Danza Tradicional Alxibeira do Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Compañía Sentires, Arxentina.

Asoc. CF. Salmorena Losareña, Cáceres.

Grupo de Folclore Punta Do Sol, Illa Madeira, Portugal.

Folklorni Asamble Doma Kulture "Prnjavor", Serbia.

+info https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/xxvi-festival-in...

 

 

15/06/2016
[comment_count]

Nos meses de Xuño e Xullo o Pazo da Cultura acollerá os Festivais de Fin de Curso das distintas academias e escolas de danza da comarca.

Programación:

* Venres 17 xuño ás 20.30h. - Asociación Cultural Mundo Danza - GALA CLAUSURA MUNDO DANZA 2015-2016.

* Sábado 18 xuño ás 19.30h. - Estudio Danza Paloma - LOS CUATRO ELEMENTOS.

  Domingo 19 xuño ás 19.30h. - Estudio Danza Paloma - LOS CUATRO ELEMENTOS.

* Xoves 23 xuño ás 20h. - Club Acordes - FESTIVAL DE FIN DE CURSO.

* Venres 24 xuño ás 20h. - Estudio Danza Allegro - 10 AÑOS 10 EMOCIONES.

* Sábado 25 xuño ás 20.30h. - Escola de Danza Suso Pérez Lago - FUSIÓN JAZZ.

* Luns 27 xuño ás 20.30h. - Escola de Danza Matilde Pedreira - CENICIENTA.

* Sábado 2 xullo ás 19h. - Academia de baile Fusion Dance - F.D LIVE SHOW.

* Domingo 3 xullo ás 19h. - Boris Pico Dance Center -  THE URBAN ROOTS.