O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A Escola Cultural de Municipal de Canto e Pandeireta ten como obxetivo principal a defensa e a difusión das formas tradicionais de canto e técnicas de toque no acompañamento da voz por medio de diferentes instrumentos de percusión, centrándose sobre todo no toque da pandeireta.
As aulas impártense para tódolos públicos dende os 5 anos en diante e pretenden que o alumnado adquira a técnica suficiente para poder desenvolverse de xeito autónomo có seu instrumento e coa súa voz.
As aulas están im partidas por Zahyra Regueira, no nivel de iniciación e por Belén Mato en perfeccionamento.