Ciclo de cine "Elas"
Terá lugar no Pazo de Cultura todos os mércores de febreiro, con entrada de balde
O Pazo da Cultura acollerá todos os mércores de febreiro, a partir das 20:00 h, o ciclo de cine "Elas" sobre novas directoras do cinema español, con entrada de balde. A iniciativa, presentada hai uns días pola concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, e o presidente do Cine club Serie B, Alberto Pena, conta tamén coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e da Xunta de Galicia. As películas que se proxectarán serán as seguintes:
- 01/02: “Cinco lobitos”, de Alauda Ruiz de Azúa.
- 08/02: "Alcarrás", de Carla Simón.
- 15/02: “Libertad”, de Clara Roquet.
- 22/02: “Las niñas”, de Pilar Palomero.