O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A actividade lúdica e formativa está dirixida a menores de 3 a 12 anos
A "Colonia de verán" do Padroado da Cultura é unha proposta lúdica e formativa que pretende facilitar a conciliación da vida laboral e persoal. Está dirixida a nenas e nenos de 3 a 12 anos empadroados/as ou escolarizados/as en Narón cuxos dous membros parentais (ou un en caso de familias monoparentais) traballen. As actividades estarán adaptadas ás idades de cada grupo e irán encamiñadas a fomentar nos menores valores como a tolerancia, o respecto, a diversidade, o coidado do medio ambiente ou a cooperación, entre outros.
O prazo de inscrición (de balde) permanecerá aberto ata o 31 de maio. A actividade desenvolverase no CEIP da Gándara do 27 de xuño ao 2 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 h, ofrecendo servizo de madrugadores a partir das 8:00 h e de acompañamento ata a recollida ata as 15:00 h. Haberá un total de cinco quendas:
A proposta foi presentada pola alcaldesa e presidenta do Padroado, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Mar Gómez.
Tes toda a documentación á túa disposición na Sede Electrónica: https://bit.ly/ColoniaVeránNarón2022. Así mesmo, podes consultar calquera dúbida no teléfono 981377700, ext 1108, 1109 e 1115.