O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A iniciativa desenvolverase o venres 9 de setembro, a partir das 20:00, no Pazo da Cultura
No marco do programa de Residencias Paraíso 2022, o Pazo da Cultura acolle do 29 de agosto ao 10 de setembro o proceso de creación da bailarina e creadora Elvi Balboa e do bailarín e creador Ignacio J. Cabello titulado "Knifelike", un proxecto multidisciplinar que provoca o encontro/cruce/xogo/fusión entre a instalación, o movemento e o son, onde as disciplinas dilúense para xerar unha reflexión sobre as relacións da corporalidade do individuo coa súa imaxe virtual.
Balboa e Cabello investigan a obsesión por construír a identidade por medio da visualización do reflexo da propia imaxe. A través dun espello ou dunha pantalla a percepción altérase e se deforma xerando expectativas da nosa identidade e en consecuencia, unha nova realidade.
Dentro desta iniciativa, o venres 9 de setembro, a partir das 20:00 h, o público poderá gozar dunha mostra aberta do proceso de creación no Pazo da Cultura.