O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 24 de setembro
O Padroado da Cultura manterá aberto do 30 de agosto ao 24 de setembro o prazo de inscrición nas Escolas Culturais: danza tradicional, gaita, acordeón, percusión tradicional, canto e pandeireta, zanfona, construción de instrumentos, o "Recuncho dos Pequechos", debuxo, teatro, Escola de Actores e Actrices, bailes de salón, baile deportivo, caribeños e danza coreográfica son as actividades para as que podes formalizar xa a túa inscrición. Ademais, a Asociación Musical Cultural "Sementeira" mantén aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 9 de setembro para todas as súas especialidades.
Podes consultar toda a información desde aquí.