O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Mañá venres terá lugar no Pazo da Cultura a inauguración desta mostra fotográfica de Xurxo Lobato
A exposición “Rostros da memoria Ferrol 1972”, do recoñecido fotógrafo coruñés Xurxo Lobato, será inaugurada no Pazo da Cultura mañá venres ás 18:00 h coa presenza da alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, así como do propio autor das imaxes. Esta exposición é unha homenaxe ás persoas que padeceron a represión do réxime franquista e está composta por unha trintena de retratos en branco e negro na que o paso do tempo polos protagonistas constata a dor que sufriron na época. As imaxes amósanse en soportes autoportantes con forma de cubos de grandes dimensións, aptos para exteriores. A mostra poderá visitarse na zona de acceso ao edificio do Pazo ata o vindeiro 13 de outubro.