Recibimos unha subvención da Unión Europea - NextGenerationEU

Venres, 11 de Novembro de 2022

A subvención está destinada á subministración de proxectores para o Pazo da Cultura

O Padroado da Cultura foi beneficiario dunha subvención á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais. Trátase dun proxecto financiado pola Unión europea – NextGenerationEU, consistente na adquisición, para a súa renovación, do actual sistema de proxectores do sistema de iluminación escénica no Pazo da Cultura.

Esta adquisición realízase co obxectivo de adaptar a tecnoloxía actual dos sistemas de iluminación profesional do escenario existentes aos máis novos e eficientes sistemas de iluminación LED.

Esta actualización tecnolóxica pretende cubrir dous obxectivos:

  • Por unha banda, mellorar a eficiencia enerxética da iluminación profesional do escenario.
  • E por outra, non menos relevante, actualizar o sistema para dispoñer dun control dixital integral de todos os proxectores escénicos.

 Sobre a base do anterior, preténdense alcanzar os seguintes beneficios:

  • Redución no consumo eléctrico.
  • Redución no gasto de consumibles tales como as lámpadas de reposto.
  • Produción de menor disipación de calor, o que se traducirá indirectamente nun menor custo de climatización da sala.
  • Dispoñer dun control dixital directo dos proxectores, sen depender de conexións aos sistemas de regulación ou dimmers externos.