O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A entrada é de balde e os convites poden ser retirados na billeteira ou na web do Padroado da Cultura.
O Padroado da Cultura,a Deputación da Coruña e aCentral Folque promoven co gallo do Día Europeo da Música antiga o concerto "Ben Vennas Maio".
“Ben Vennas Maio”, de Pablo Sanmamed, é unha viaxe ás Cantigas de Alfonso X a través de dúas linguaxes que se atopan: o da música medieval e o jazz. Para este proxecto, o contrabajista e compositor galego Pablo Sanmamed conta con músicos de renome internacional como Begoña Olavide (salterio e voz), Elena Tarrats (voz), Xurxo Varela (viola de gamba), Iago Mourinho (piano), Chus Pazos (batería) e Carlos Castro (percusións).