O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O grupo de danza tradicional do Padroado acada un importante éxito na súa xira polo país suramericano
O grupo de baile tradicional Alxibeira, dependente do Padroado da Cultura, está a colleitar un importante éxito de público, crítica e repercusión mediática (tanto en radios como en televisións de ámbito nacional) na xira que está a levar a cabo en Uruguai. Un intenso calendario de actuacións na famosa Sala Verdi de Montevideo é boa proba disto.
A numerosa colonia galega residente no país non quixo desaproveitar a ocasión de poder desfrutar en directo dos sons, bailes e traxes tradicionais do noso país, asistindo en gran número a presenciar as actuacións de Alxibeira.