O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 29 de xuño
Desde hoxe luns e ata o mércores 29 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán para os que ofertamos un total de 150 prazas dirixidas a menores de 3 a 12 anos. As inscricións deben realizarse nas oficinas do Pazo da Cultura de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 h e o custo da matrícula é de 31,60 €. As actividades desenvolveranse en quendas quicenais (unha novidade respecto a edicións anteriores), do 4 de xullo ao 12 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 h con servizo de madrugadores de 8:00 a 9:00 h. As quendas son as seguintes:
En canto aos grupos de idade, serán tres:
A práctica totalidade das actividades terán lugar no Pazo da Cultura, salvo as excursións que se realizarán a diferentes puntos da comarca: xogos tradicionais, propostas didácticas, sesións de baile tradicional e moderno, manualidades, actividades con instrumentos musicais, proxeccións de cine… son algunhas das iniciativas que se levarán a cabo nestes campamentos que teñen como finalidade axudar na conciliación da vida laboral e familiar ao tempo que ofrecen unha alternativa de ocio educativo ás nenas e nenos de Narón.