O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
As entradas sairán á venda proximamente
Desde o Pazo da Cultura encántanos poder anunciar que a obra “1936” chegará a Narón os días 7 e 8 de novembro. Trátase dun dos espectáculos máis exitosos dos últimos anos no panorama teatral do Estado, colgando o cartel de “non hai entradas” en practicamente todas as funcións, aclamado de forma unánime por crítica e público. En breve poremos as entradas á venda, permanecede atentas/os ao anuncio nas nosas redes sociais e ao despacho de billetes para non perdervos esta representación.
Con texto de Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan Mayorga, "1936" conta cun elenco de luxo formado por Antonio Durán “Morris”, Alba Flores, Natalia Hernández, María Morales, Paco Ochoa, Blanca Portillo, Guillermo Toledo, Juan Vinuesa e Coro de Jóvenes de Madrid.