O Gulliver Fest celebrarase do 5 ao 7 de agosto

Domingo, 5 de Xuño de 2022

A terceira edición do Festival da Cultura Viaxeira terá lugar na área recreativa de Pedroso

Esta semana foi presentada a terceira edición do Gulliver Fest, que organizamos conxuntamente co Concello de Narón e a Asociación FurgoGalicia. O evento, que xa conta cunha ampla proxección, desenvolverase do 5 ao 7 de agosto na área recreativa de Pedroso cunha gran variedade de propostas dirixidas a persoas de todas as idades, sendo as actividades e os concertos de acceso libre. En caso de desexar acampar coas furgonetas, caravanas e autocaravanas, hai que realizar reserva de praza desde mañá luns, 6 de xuño, a través da web www.gulliverfest.es.

Os grupos de porán música a este festival son Martins Aneiros Band, Fanfarria, Mississipi Queens & The wet dogs, Brassica Rapa, Festicultores, Tambores da Lagoa, Keepers e Broken Peach. Ademais, haberá sesións de ioga, carreiras de orientación, teatro, obradoiros de creación de chapas, as xa tradicionais Charlas viaxeiras, competicións de xogos populares, etc. Así mesmo, na zona da área recreativa de Pedroso haberá foodtrucks para a xente que queira quedar a comer na zona do festival.

O festival foi presentado pola alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, Ángel Sánchez, presidente de FurgoGalicia, e Martín Vázquez, secretario da asociación.