O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Constará de tres proxeccións, todas de balde, os días 27 de setembro e 5 e 19 de outubro, todas ás 20:00 h
Esta mañá tivo lugar a presentación do ciclo “Ciencia ficción para axitar conciencias”, que terá lugar no Pazo da Cultura os días 27 de setembro e 5 e 19 de outubro, sempre ás 20:00 h e con entrada de balde previa retirada do tícket no despacho de billetes do Pazo. O ciclo foi presentado pola alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, que estivo acompañada polo presidente do Cineclube Serie B, Alberto Pena, e Anabel Valera, integrante da mencionada entidade, organizadora do evento coa colaboración do Padroado da Cultura, entre outros organismos. As tres proxeccións que conforman este ciclo serán as seguintes: