O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Terá lugar no Pazo da Cultura con entrada de balde
O Pazo da Cultura acollerá un novo ciclo de cine, esta vez baixo o título “Desmitificando o amor romántico”, nunha nova colaboración entre o Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B. A iniciativa foi presentada onte pola alcaldesa e presidenta do Padroado, Marián Ferreiro, Alberto Pena, presidente da entidade, e Anabel Valera, secretaria. O ciclo terá lugar os mércores 2, 9 e 16 de novembro e todas as proxeccións darán comezo ás 20:00 h con entrada de balde. O programa é o seguinte: