Tanxarina, 40 anos de títeres

Mércores, 26 de Outubro de 2022

A mostra poderá ser visitada no hall do Pazo da Cultura ata o 22 de novembro

O hall do Pazo da Cultura acollerá ata o 22 de novembro a mostra “Tanxarina, 40 anos de títeres”, unha exposición conformada por escenografías, atrezzos e títeres que deron vida aos espectáculos da compañía Tanxarina desde a súa creación en 1983. A iniciativa está enmarcada na 38ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil (MOTIX) organizada polo Padroado da Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña e que se desenvolverá ata o mesmo día coa asistencia de escolares procedentes de centros de Narón e comarca. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, animou ás veciñas e veciños a ver esta mostra, “fiel reflexo do teatro de títeres galego" que nos permite "coñecer máis de preto a dilatada traxectoria dunha formación que actuou en varias ocasións na cidade".