O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A xa tradicional programación cultural e musical para o público familiar volver á cidade ao longo deste mes
Os domingos de xullo do 4 ao 24, sempre a partir das 12:30 h, terán lugar os diferentes espectáculos da sexta edición do programa municipal “Verde que te quero verde” nunha cita á que convocamos desde o Padroado da Cultura de Narón. Todos terán lugar en parques e espazos verdes da cidade co público familiar e infantil como destinatario principal. As actividades foron presentadas esta mañá pola alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, quen destacou que, de novo, “levamos á rúa os espectáculos culturais para que poidan desfrutar deles as veciñas e veciños, con propostas moi variadas", todas de balde: