O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A exposición poderá visitarse, de balde, ata o 2 de xullo no hall do Pazo da Cultura
Esta mañá foi inaugurada no hall do Pazo da Cultura a exposición "Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló", que poderá visitarse de balde ata o vindeiro 3 de xullo. A mostra selecciona unha trintena de pezas entre litografías, serigrafías, gravados calcográficos e xilografías de xenios do século XX como Picasso, Dalí, Miró ou Barceló, entre outros, procedentes dos fondos da Colección de Arte de Afundación.
No acto inaugural participaron a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, a edil de Benestar Social, Catalina García, o coordinador institucional de Abanca na Coruña, José Manuel Vilariño e a coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela.