Novas

A XXª edición do Oenach Atlántico de Sedes chega cargado dunha moi variada programación

O XX Oenach Atlántico, festa celta de Interese Turístico de Galicia, celebra o seu 20 aniversario cunha programación especial de concertos e teatro e con múltiples actividades para os máis pequenos.
A parroquia de Sedes recrea durante tres días a vida dun poboado celta con representacións tradicionais e acolle actuacións musicais como a de Cristian Silva ou María Fumaça.
Podes animarte e vir caracterizado como un castrexo e tamén poderás probar hamburguesas e varios produtos de porco celta. Achégate a pasar unha fin de semana diferente e sumérxete en familia no mundo celta!

ENTRADAS ESGOTADAS para o concierto de Luz Casal - "Que corra el aire", que terá lugar o sábado, 6 de outubro ás 20h., no Pazo da Cultura.
Grazas!
+info 981 102 897
A partir de hoxe, mércores 4 de xullo, están á venda as entradas para o XXVIII Festival Internacional de Folclore de Narón, que terá lugar o vindeiro sábado 21, no Pazo da Cultura, a partir das 21h.
*As entradas están dispoñibles na billeteira do Pazo a un prezo de 2€ tarifa única para todos os públicos.
+info 981 102 897
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »