Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil - MOTIX 2020

Luns, 2 de Novembro de 2020

Este ano a Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil (MOTIX), terá lugar os domingos de novembro, no Pazo da Cultura de Narón.

Tres pases por espectáculo e día; ás 12.30h, ás 18h e ás 20h

Aforo máximo de 30 persoas por función, e as entradas están dispoñibles para todos os membros da familia.

Comezamos este DOMINGO 8 coa obra de teatro "Rosalía".

ROSALÍA é moito máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro, é un espectáculo necesario. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

*Entradas XÁ Á VENDA nas billeteiras do Pazo ou a través da nosa web:

www.padroadodecultura.es

+info 981 102 897

#ViveoPazodaCultura

#Motix2020

#Rosalía #Culturactiva