MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS DO PADROADO NO CURSO 2020/2021

Luns, 31 de Agosto de 2020

Con relación á actividade das Escolas Culturais neste curso lebramos que:

1. Até o día 25 de setembro estará aberto o prazo de matrícula nas actividades das Escolas Culturais do Padroado da Cultura. As persoas interesadas poderán matricularse no Pazo da Cultura de Narón, en horario de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h (entre luns e venres) e de 10:00 a 13:00 h (sábados).

2. Na actual situación de CRISE SANITARIA POLO COVID19, o Padroado da Cultura do Concello de Narón ha de garantir o cumprimento de todas as medidas de seguridade e prevención establecidas polas autoridades competentes. O cumprimento destas medidas terá carácter prioritario na organización dos grupos de traballo de cada escola e na programación das actividades, o que suporá adaptación de espazos, horarios e número de integrantes por grupo.

3. A conformación definitiva dos grupos, integrantes, espazos, días e horas de actividades escolares serán comunicados antes do comezo do curso. As persoas matriculadas a quen non resulten convenientes os días e horas asignados poderán solicitar a devolución do importe da matrícula até o día 30 de outubro.

4. Os protocolos para o desenvolvemento das aulas e materias programadas en cada escola e nivel, así como para a realización dos ensaios e actuacións dos grupos artísticos do Padroado, serán comunicados polo persoal docente a cada grupo no primeiro día de actividade.

5. O cumprimento das medidas de prevención e seguridade dispostas é obrigatorio para todo o alumnado e persoal vinculado ás actividades das Escolas Culturais.