NARÓN DE VERÁN

Luns, 6 de Xullo de 2020

NARÓN DE VERÁN

* "Verde que te quero verde": Música + Sesión vermú todos os domingos do mes de xullo a partir das 12.30h., nas prazas e parques do noso municipio. Espectáculos para todos os públicos.

* "Campamentos Culturais": no Pazo da Cultura de Narón durante os meses de xullo e agosto; programación semanal de cursos para rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos, con horario de 8.30 a 14h. (+info 981 39 11 44 ou nas oficinas do Pazo da Cultura de 9.30 a 13.30h)

* "Cine de Verán": os xoves e venres do mes de xullo, dende o día 2 ata o 24, haberá cine infantil en Narón. As proxeccións - Al aire patos, Ralph rompe internet, Spiderman, Un nuevo universo, Smallfoot, Nocturna un ave mágica, A Galiña Turuleca, Pinocho 3000 e Donkey Xote; terán lugar ás 22.30h e ocuparán prazas e pistas polideportivas da Gándara, A Solaina, San Mateo, Xuvia, Pedroso, O Alto, San Xiao e O Val.