O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O noso director técnico, Luciano Fernández, fixo entrega do agasallo institucional do Festival a Lolita Flores, Marián Bañobre e Cris Collazo
A pasada semana comezou no Pazo da Cultura o Festival internacional do monólogo teatral Singular. A artista Lolita Flores foi a encargada de inauguralo o pasado venres, 1 de marzo, coa obra "Poncia", baseada nas intervencións desta personaxe na famosa obra de García Lorca "La casa de Bernarda Alba". O sábado, Marián Bañobre puxo en escena a comedia "Deadpan Karaoke". Por último, o domingo foi a quenda para a sesión infantil do Festival con "Frida", interpretada por Cris Collazo.
As tres artistas foron recibidas polo director técnico do Padroado da Cultura, Luciano Fernández, que lles fixo entrega do agasallo institucional do Festival.