O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Narón non renuncia a celebrar os Maios
Dende o Padroado da Cultura do Concello de Narón renunciamos a que a pandemia provocada polo COVID-19 estrague todas as celebracións culturais no noso Concello. Por iso, artellamos a actividade "En Narón, os Maios ao balcón" para que a tradición dos Maios, que en Narón xa vai pola 23ª edición non se pare. Para iso precisamos da vosa colaboración. A quí vos deixamos unhas peque nas instrucións de como participar:
1.- Grava un pequeno vídeo (2 min. max.) amosándonos o teu maio na xanela ou no balcón.
2.- Envíanolo por correo a d.canovas@naron.es, cos teus datos (Nome completo,idade, correo e tlf. de contacto)
3.- Faremos con todas as grabación un vídeo para amosar os traballos da veciñanza en redes sociais municipais.
4.- O día 9 realízase o sorteo en directo entre todas as persoas particpantes.
5.- Os datos das persoas participantes serán tratados segundo a lei de protección de datos vixente.
6.- As persoas que voluntariamente acepten participar consinten a reproducción dos seus vídeos na redes sociais municipais