AVISO - ATENCIÓN

Xoves, 22 de Outubro de 2020

O Padroado da Cultura de Narón aplicará unha serie de modificacións na programación prevista para os vindeiros días atendendo ás indicacións recollidas na Orde do 21 de outubro de 2020 da Xunta de Galicia ante a evolución da pandemia da Covid-19.

O concerto de Guadi Galego previsto para mañá ás 20.30 horas aprázase ao 18 de decembro e a representación da obra “Jauría” que ía ser este sábado ás 20.00 terá lugar o vindeiro 19 de decembro. As persoas que adquirisen ou reservasen as entradas poderán utilizalas para esas novas datas, se ben no caso de querer cancelalas disporán dun prazo de dez días, contados dende hoxe, para solicitar a devolución do importe, que se efectuará co mesmo método que realizaron no momento do pago.

A representación da obra “Contos ao pé da cama” prevista para este domingo ás 18.00 horas manténse e tamén os espectáculos da vindeira fin de semana, para os que se solicitará unha ampliación de aforo.

Así mesmo, as Escolas Culturais Municipais manteñen a súa actividade, adaptándose aos aforos estipulados dende a administración autonómica, que se comunicarán pertinentemente ao alumnado.

Dende o Padroado da Cultura de Narón solicítanse desculpas polas posibles molestias ocasionadas debido á actual situación e, ao tempo, incídese na importancia cumprir as indicacións das autoridades sanitarias para evitar a propagación da Covid-19.