Ciclo "Cine eterno"

Luns, 18 de Setembro de 2023

Composto por un total de seis proxeccións, terá lugar os mércores de setembro e outubro

Presentación ciclo de cine

Esta mañá tivo lugar no Concello a presentación do ciclo "Cine eterno", que terá lugar no Pazo da Cultura, con entrada de balde, todos os mércores de setembro e outubro, ás 20:00 h, a partir desta semana. Esta nova iniciativa foi presentada pola alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, quen estivo acompañada no acto polo presidente do Cineclube Serie B, Alberto Pena, e a secretaria da asociación, Anabel Valera.

O ciclo estará composto polos seguintes filmes:

  • 20 de setembro: "Freaks” (1932), dirixido por Tod Browling.
  • 27 de setembro: “Bienvenido Mr. Marshall” (1953), de Luis García Berlanga.
  • 4 de outubro: “El apartamento” (1960), dirixida por Billy Wilder.
  • 11 de outubro: “El golpe” (1973), de George Roy.
  • 18 de outubro: “La vida de Bryan” (1979), de Terry Jones.
  • 25 de outubro: “Lost in translation” (2003), de Sofía Coppola.