Ábrese o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais

Martes, 25 de Agosto de 2020

A partir do 26 de agosto poderán realizarse as matrículas nas Escolas Culturais Municipais nas oficinas do Pazo da Cultura

O vindeiro 26 de agosto ábrese o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais e que permanecerá aberto ata o 25 de setembro. As inscricións pódense realizar nas oficinas do Pazo da Cultura de luns a venres en horario de 9 a 14 e de 17 a 19, e os sábados de 10 a 13 h. 

Dada a situación actual, o proceso de matrícula realizarase baixo un estricto protocolo anti-Covid que conlevará a colocación de diferentes puntos con xel hidroalcohólico, itinerarios de entrada e saída diferenciados, mantemento da distancia de seguridade e o uso obligatorio de máscara. O pagamento das matrículas realizarase de xeito preferente con tarxeta, tal e como recomenda a Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Agradecemos de antemán a colaboración de toda a cidadanía, así como, pregamos desculpedes as molestias que vos poidamos ocasionar.

 

Pd.: Os días 26, 27 e 28 de agosto só haberá horario de mañá.

Grazas!