AVISO IMPORTANTE - DEVOLUCIÓN ENTRADAS

Xoves, 28 de Maio de 2020

Informamos a todas as persoas interesadas de ​​que rematará a devolución dos asentos, con relación ás datas en que terían lugar os espectáculos, do seguinte xeito:

Autorretrato de un joven capitalista español, que tería lugar o pasado sábado 21 de marzo, O PERÍODO DE DEVOLUCIÓN ACABARÁ O LUNS 1 DE XUÑO

Unha noite na praia, que tería lugar o 9 de xullo, O PERÍODO DE DEVOLUCIÓN ACABARÁ O MESMO 9 DE XULLO.

Sé infiel y no mires con quien, que tería lugar o 12 de xuño, O PERÍODO DE DEVOLUCIÓN ACABARÁ O MESMO 12 DE XUÑO.

* Non será efectivo calquera cambio ou reembolso de localidades pasadas as datas e espectáculos mencionados anteriormente.

Para calquera tipo de dúbida poden poñerse en contacto co despacho de billetes do Pazo da Cultura de Narón no teléfono:

981 102 897

Horario: de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30.