O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Dende o Padroado da Cultura de Narón estamos traballando para poder manter a maior parte dos espectáculos programados para este ano 2020.
Daqueles espectáculos adiados ao vindeiro ano, faremos as debidas cancelacións e devolucións do importe abonado do mesmo xeito en que se realizou o abono das entradas:
a) Por pasarela; o importe reembolsarase nos vindeiros días na conta pola que foron abonadas.
b) Na billeteira do Pazo da Cultura; en efectivo ou con tarxeta de crédito.
O importe reembolsarase a partir do día 11 de maio, en horario de 9.30 a 13.30h, con cita previa, chamando ao teléfono 981 102 897.
Os espectáculos que a día de hoxe están aprazados para o ano 2021, e dos que xa podedes recuperar o importe abonado son:
- Unha noite na praia ( Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán )
- Señor Ruiseñor ( Els Joglars )
- Sé infiel y no mires con quien ( Pentación Teatro )
En breve, informarémosvos das novas datas dos espectáculos aprazados e de todas as novidades coas que reiniciaremos a nova temporada no Pazo da Cultura de Narón.
Agardamos que sexan de voso agrado e que, coma sempre, demos conta da vosa presenza e podamos gozar do ben da cultura.
Moito ánimo..., que en breve estamos de volta!
Marian Ferreiro
Alcaldesa
Presidenta do Padroado Municipal da Cultura de Narón