CONCERTO 1917

  • Música
DATOS BÁSICOS

LA VELLA DIXIELAND - CONCERTO 1917

En 1917 fíxose a primeira gravación da historia do jazz, Tiger Rag pola Original Dixieland Band, e por tanto é o referente máis antigo que podiamos atopar os que empezamos a tocar esta música a finais do século XX.

Anos moi convulsos pero dunha grande riqueza creativa en todas as artes.

Con este proxecto volvemos ás nosas orixes, o jazz máis tradicional, o repertorio inclúe temas das lendarias orquestras de Jelly Roll Morton, Kid Ory, Sidney Bechet ou Louis Armstrong, recreando a súa sonoridade orixinal.

As circunstancias pandémicas impediron que puidéramos celebrar o 40 aniversario de La Vella Dixieland.

Por tanto, decidimos celebrar o 40+1

E queremos facelo mirando ao futuro. Nesta nova proposta, convidamos a tres grandes músicos da última xeración que destacan no panorama musical nacional por méritos propios: Irene Reig aos saxos, Joan Mar Sauqué á trompeta e Pablo Martin ao trombón.

Con eles queremos revisar parte do noso repertorio: ademais de jazz tradicional, esta especial formación permítenos incidir especialmente no repertorio de big band e tamén no de brass band ao estilo de New Orleans.

 

PREZOS

2023-11-10 - 20:30:

  • Abonados: 6,65 €
  • Carné xove ou estudante ( ata 25 anos) : 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €