AS AVENTURAS DE MARIÑA - FAMILIAR E INFANTIL (A PARTIR DE 4 ANOS) - TEATRO DE OBXECTOS - GALEGO
Mariña é unha nena á que lle gusta moito o mar e os animais que habitan nel. Todas as tardes mergúllase na auga para xogar cos peixes. Hai un que é moi especial. Chámase Xarda. Un peixe que fala e que lle conta historias sobre como é a vida mariña e tamén sobre os seus perigos.
A loita contra a contaminación, a amizade e o respecto son temas que están presentes en As aventuras de Mariña. Unha sesión de contos que combina a narración oral e o teatro de monicreques.