ESPERTA O RINOCERONTE

  • Infantil
DATOS BÁSICOS

ESPERTA O RINOCERONTE - FAMILIAR E INFANTIL (A PARTIR DE 5 ANOS) - MONICREQUES - GALEGO

Bambú leva unha vida apracible, goza da súa contorna, coñécea e por iso a ama. Isto, ensinoullo a súa avoa, ela coñece ben o mundo, o seu mundo, convive con el, forma parte del e por iso o coida. Ensina a Bambú que as cousas que realmente importan non sempre son as que brillan, que só vemos ben co corazón e que non importa o grande que sexa o obstáculo, sempre hai unha solución. A esa voz do corazón, a avoa a chama o Rinoceronte e di que nela se atopa o poder para cambiar o mundo e por iso hai que mantelo esperto.

Esta historia conta o que sucede cando aqueles cuxo rinoceronte está durmido aparecen de súpeto e cégannos cos seus brillos, facéndonos cómplices da destrución. Haberá alguén que lles faga fronte e esperte o rinoceronte?

PREZOS

2026-03-08 - 18:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Nenos e nenas: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Actriz-titiriteira: Marián González

Dirección: Manuel Román

Música orixinal: Jesús Lana Celaya

Escenografía e marionetas: Marián González

Dramaturxia: Manuel Román y Marián González

Construcción autómata fábrica: Ero Vázquez