COSTA DA MORTE, CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

COSTA DA MORTE, CARTOGRAFÍA DUN NAUFRAXIO - TEATRO UNIPERSONAL - GALEGO

Mariña Lestón con Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, o primeiro  traballo da creadora que está recibindo magnifica acollida de público e crítica.

Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas  populares interpretadas en directo.

Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para  lembrar ás persoas que xa non están e para poñer en valor e facer visible ás que quedaron  en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento.

Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón en coprodución co Centro Dramático Galego. A proposta conta cun formato accesible en lingua de signos coa intérprete Gema Santos.

 

PREZOS

2026-03-28 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Dirección, dramaturxia e produción: Mariña Lestón

Interpretación: Mariña Lestón

Apoio na dramaturxia: Vanesa Sotelo

Asistencia vocal: Cristina Domínguez

Escenografía e indumentaria: Carlos Alonso

Imaxe e audiovisuais: Anxo Beiro

Proxeccións e deseño gráfico: Xaime Beiro

Técnico en xira e iluminación: Jorge Álvarez

Coproduce: Centro Dramático Galego