TODOS LOS ÁNGELES ALZARON EL VUELO - TEATRO CONTEMPORÁNEO - CASTELÁN
Anxos que arrastraron as ás por esquinas sombrías, por habitacións por hora, consumindo os seus paraísos artificiais. Xogan con cartas marcadas a súa partida perdida de antemán. Acurralados pola violencia quedan só uns poucos soños por gastar. Personaxes que máis aló das tapias do cárcere ou os límites da periferia, saben que a condena é a súa propia existencia. Un destino que non se pode esquivar, aínda que os seus corazóns vaian tras o amor. Ata do máis sórdido xorde a esperanza. Flores do vertedoiro que crecen na noite.
La Zaranda explora con esta obra o territorio máis hostil do cotián. Desde a tradición picaresca, co seu desolador humor, cruzando a lectura social en busca dun sentido de elevación, abre a porta ao poético dentro do sórdido, unha regaña de luz no escuro. Chegando ata outros límites onde se conxuga realidade e ficción, narración e teatro. Con esta obra a compañía cumpre 47 anos polos escenarios ao longo do mundo. Entendendo sempre o teatro como misterio, risco e ofrenda ás voces silenciadas.